Ola temos preparado uns curso de iniciación e perfeccionamento as augas bravas, os días 8 e 9 de novembro. Será realizado por David e Emilio y Mito Moure.
Obxectivos do curso de iniciación:
- Charla sobre o mundo das augas bravas, tipo de embarcacións, modalidades... veremos algún vídeo e fotos.
- Coñecer movementos técnicos para poder avanzar máis rápido no aprendizaxe de navegación.
- Recoñecer as diferentes liñas de corrente nun rápido.
- Desenrolar diferentes técnicas de seguridade no río.
- Aprender a interpretar unha guía de Augas bravas.
- Pequenas nocións de esquimotaxe.
Obxectivos do curso de perfeccionamento:
- Coñecer movementos técnicos para aprender e perfeccionar manobras tales como: backs, buffs, chicles...
- Recoñecer rápidos, rebufos, saltos, presas e como navegalos.
- Técnicas de navegación, como facer tímon, apoios, paladas...
- Lectura e navegación de rápidos de clase III e IV
- Como debe ser o traballo en grupo dentro e fora do río.
- Técnicas de seguridade..
- Farase sesión de gravacións no río para poder visualizar os nosos fallos.
Para este curso se necesitaría casco, chaleco, corda de seguridade unha piragua apropiada para poder navegar nun río de clase III – IV cos seus respectivos flotadores. Sería recomendable levar codeiras e pala de seguridade. E imporante levar unha roupa adecuada no río como neoprenos, anoraks... Deberase dominar perfectamente a navegación en ríos de clase II.
A nosa idea e comezar o día 8 cunha sesión de mañá e outra de tarde e rematar o día 9 cunha sesión de mañá e outra de tarde si algún dos que veñades podedes vir o venres pola tarde estaría moi ben para facer un par de horas máis. Terá un custo de 50€ para os socios(podedes dispor de material do club) e 60€ para os non socios estes deberán dispor de material propio(chaleco, casco, pala e kaiak).
O CURSO LEVARASE A DIANTE SEMPRE QUE SE XUNTEN UN MÍNIMO DE SEIS PERSOAS. Si non te coincide ben esta data podemos adaptala sempre cando teñas un grupo de seis persoas.
DAVID 667655898 davidcastroalvarez@msn.com
Nouveau Burn
-
*Retrouvez l'article et la vidéo du nouveau Burn III dans notre page test.*
Hace 11 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario